Porto do Son organiza o II Ciclo de Monólogos, con actuacións todos os sábados de abril

17 Marzo 2025

O Concello de Porto do Son, a través da Área de Cultura, presentou os detalles do seu II Ciclo de Monólogos, que traen á vila algúns dos principais humoristas do panorama galego actual e actuacións todos os sábados do mes de abril, a partir das 21:00 h na Casa da Cultura de Porto do Son.

A programación é a seguinte:

-5 de abril | 21:00 h | Pepo Suevos con Á Caída 2025

12 de abril | 21:00 h | Arantxa

-19 de abril | 21:00 h | Oswaldo Digón con Outra Movida

-26 de abril | 21:00 h | Evaristo Calvo con A Ver Que Pasa

As entradas, que terán un custe de 6 euros, estarán á venda desde mañá, martes 18 de marzo en: 

Casa do Concello de Porto do Son (alcaldía) >> L/V · 8:30h a 15:00h

Casa da Cultura de Porto do Son >> L/V · 8:00h a 15:00h

Casa da Cultura de Miñortos >> L/V · 17:30h a 20:30h

Casa da Cultura de Portosín >> L/V · 8:00h a 13:00h + 17:00h a 19:30h

Casa da Cultura de San Pedro >> L/V · 16:00h a 20:00h

Ademais, haberá un bono pola compra das catro actuacións que terá un custo de 20 euros. 

Tras o anuncio da programación, o alcalde, Luis Oujo, animou a toda a veciñanza “a que se achegue a gozar e a rir a gargalladas con esta segunda edición do ciclo de monólogos de Porto do Son, que seguro que volverá a contar cunha gran acollida”.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.