Outes acolle unha conferencia sobre xenómica no marco das XIX Xornadas Sociosanitarias

26 Marzo 2025

Este xoves 27 de marzo, ás 18:30 horas, a Casa da Cultura da Serra de Outes será o escenario dunha nova conferencia das XIX Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes e das IV Xornadas do Programa Universitario de Maiores en Outes, correspondentes ao IV Ciclo da USC 2024-2025.

Nesta ocasión, a conferencia, titulada “Proxecto Xenoma”, será impartida polo Dr. Ángel Carracedo Álvarez, director da Fundación de Medicina Xenómica (Sergas) e membro do grupo de Medicina Xenómica da USC. A sesión será coordinada polo Dr. Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria en Outes.

O evento, que conta coa colaboración do Concello de Outes, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) e a Asociación Cultural Terra de Outes, permitirá aos asistentes obter unha certificación da USC pola participación nas xornadas, cunha duración total de 16 horas.

Dado que o aforo é limitado, recoméndase reservar praza con antelación chamando ao teléfono 981 850 575.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.