Os maiores do Centro de Día de Porto do Son puxeron en valor a elaboración tradicional de cestos de vimbio

10 Marzo 2025

O Centro de Día de Porto do Son este sábado 8 de marzo un obradoiro creativo e reivindicativo de cestería tradicional coa colaboración da Comunidade de Montes de Baroña.

A través desta a actividade, as persoas participantes recordaron como facer cestos e outros útiles grazas á súa propia experiencia e a dos integrantes da Comunidade de Montes, poñendo en valor as súas lembranzas arredor dos traballos tradicionais. De feito, a entidade veciñal de Baroña leva anos reivindicando (a través de todo tipo de actividades, con persoas maiores pero tamén coa rapazada dos colexios) a elaboración ancestral de cestos e outros útiles con corres (varas feitas con pólas de vimbios).

“A idea desta actividade é a recuperación de oficios tradicionais que co paso do tempo van desaparecendo, xa que para nós é moi imporante que estes coñecementos sigan vivos e continúen transmitíndose”, explicaron, ao tempo que recordaron a importancia de estimular a memoria das persoas usuarias do Centro de Día con actividades creativas e participativas que as vinculen cos hábitos dos que elas mesmas formaron parte no pasado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.