Os estilos de vida que melloran a nosa saúde centran unha nova charla en Abanqueiro

18 Marzo 2025

O Centro Social de Abanqueiro acolle este venres 21 de marzo, ás 16.00 horas, unha nova actividade do programa Muller e Saúde, edición 2025. Trátase da charla Estilos de vida saudábeis – mindflullness, destinada a mostrar a importancia do estilo de vida (ocio) no benestar persoal e o mantemento do contacto directo da persoa co entorno. As inscricións poden facerse no CIM de Boiro mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono 669 582 674.

A charla está organizada polo Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller.

As actividades proseguirán o 28 de marzo coa sesión divulgativa Xardinería terapéutica, que abordará como empregar a interacción coa natureza e o coidado das plantas para promover melloras nas esferas física, cognitiva, emocional e social dos individuos. Será en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, no Centro Social de Abanqueiro.

Os días 5, 12 e 26 de abril as xornadas Muller e Saúde inclúen sesións de adestramento en solo pelviano, no Centro Social de Abanqueiro.

As xornadas rematarán o 21 de xuño no Polideportivo de Boiro cunha actividade de adestramento en autodefensa e seguridade persoal para mulleres.

Outros artigos

Dodro celebra o Samaín co espectáculo familiar O Espantamedos

O Concello de Dodro vai celebrar a festividade do Samaín cunha cita familiar: O Espantamedos. Trátase dun espectáculo de narración oral, monicreques e música da compañía Fantoches Baj. Dirixido ao público familiar e recomendado para nenas/os maiores de 5 anos Será...

+

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.