Os bombeiros retiran unha árbore caída e un canlón solto en Boiro

21 Marzo 2025

Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro foron alertados arredor das 16:50 horas deste 20 de marzo, pola caída dunha árbore sobre cabreado eléctrico en Reboredo, no concello de Boiro. Os bombeiros provinciais procederon a cortar en anacos a árbore, que podía provocar a caída do poste sobre a estrada. Posteriormente, encargáronse de recoller os restos da acacia e retiralos da estrada. Completaron o operativo os bombeiros do parque Provincial de Ribeira e a Garda Civil de Tráfico. 

Canlón solto con risco de caída en As Mangas, no concello de Boiro

Ademais, os efectivos do Parque Provincial de Boiro foron alertados arredor das 18:40 horas da xornada deste xoves 20 de marzo dun canlón solto nun edificio na rúa As Mangas, en Cabo de Cruz, tamén no concello de Boiro, que presentaba risco de caída. Feita unha valoración inicial da situación, os bombeiros provinciais comprobaron que estaba suxeito de maneira moi débil xa que romperan as grampas metálicas que o suxeitaban. Por ese motivo, decidiron desprendelo e descendelo para unha maior seguridade.

No operativo participaron tamén os bombeiros do Parque Provincial de Ribeira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.