Os bombeiros atenderon incidencias na ponte de Isorna, na AG-11 á altura de Rianxo e no Centro de Saúde e a lonxa vella de Ribeira

20 Marzo 2025

A xornada deste 20 de marzo, dende primeira hora da madrugada, pasará á historia recente da nosa meteoroloxía como unha das que máis estragos rexistrou no Barbanza provocados polo mal tempo, concretamente por mor do paso da borrasca Martinho. Houbo incidencias en todos os concellos, e ademais que das que fomos reflectindo neste medio ao longo de todo o día, súmanse as que imos citar a continuación.

Chapas na ponte interprovincial en Isorna (Rianxo)

Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro foron alertados arredor das 9:30 horas da mañá de hoxe, 20 de marzo, por unhas chapas soltas na ponte interprovincial en Isorna, no concello de Rianxo, que supoñían un risco para a circulación e para os peóns. Feita unha valoración inicial da situación, os bombeiros provinciais encargáronse de suxeitar correctamente as chapas para evitar o perigo. Completou o operativo a Garda Civil de Padrón.

Colisión entre dous vehículos cunha persoa ferida na AG-11, no punto quilométrico 13.5, no concello de Rianxo

Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro participaron esta mañá, arredor das 10:30 horas, nun accidente entre dous vehículos na AG-11, no punto quilométrico 13.5, no concello de Rianxo. Os bombeiros provinciais colaboraron co persoal do 061, que fixo o traslado do condutor dun dos vehículos implicados ao Centro Sanitario A Rosaleda de Santiago de Compostela. No operativo participou tamén a Garda Civil de Tráfico.

Retirada de revestimento metálico do Centro de Saúde de Ribeira, no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron este mediodía na retirada do revestimento metálico do Centro de Saúde de Ribeira.

Pouco despois, os bombeiros provinciais dirixíronse a asegurar varias pranchas do tellado metálico a Lonxa Vella de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.