Os alcaldes e a veciñanza de Padrón e Dodro uníronse a Barbanza Arousa na manifestación deste sábado na Pobra en contra de Altri

24 Marzo 2025

Ademais de contar co apoio dunha parte importante da cidadanía de Barbanza, incluídos os alcaldes de Barbanza Arousa (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo), a manifestación deste sábado 22 de marzo celebrada na Pobra do Caramiñal contra a macrocelulosa de Altri en Palas de Rei e a mina de Touro foi arroupada tamén por outros concellos da nosa comarca. Por exemplo o apoio dos concellos de Dodro e Padrón, que marcharon xuntos na mobilización, representados polos seus alcaldes (Xavier Castro e Anxo Arca) e pola veciñanza na defensa do río Ulla e a ría de Arousa. “Esta mañá un bo número de veciños e veciñas de Padrón, Dodro e outros pobos irmáns acudimos á Pobra para amosar o noso rexeitamento ao proxecto de Altri”, sinalaron dende as redes sociais municipais, certificando a súa firme oposición a “este macroproxecto que a compañía portuguesa quere instalar en Palas de Rei (Lugo) por ser altamente contaminante, ademais de poñer en perigo a viabilidade do sector agro-gandeiro a longo prazo”.

Para os concellos de Dodro e Padrón, estamos” ante un atentado contra o patrimonio natural dos nosos territorios que pon en risco o abastecemento de auga procesada na estación de tratamento de augas para consumo doméstico, unha estación (a de Padrón) que leva a auga do río Ulla a todos os municipios da ría Arousa”. En concreto, esta infraestrutura fornece de auga a 90.000 persoas en concellos como Padrón, Catoira, Boiro, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Ribeira, Valga e Vilagarcía de Arousa.

O Concello de Padrón rexeita de maneira firme a implantación dunha macrocelulosa en Palas de Rei e xa presentou alegacións en defensa da calidade da auga potábel no municipio. Esta decisión, como lembraremos, foi adoptada na sesión extraordinaria urxente do pleno celebrada o pasado 17 de abril.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.