O vindeiro venres o Museo de Gravado de Artes inaugura a mostra “Ediciones de STADT 1988-2020 José Sevillano”

28 Marzo 2025

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) inaugura a vindeira semana, o venres 4 de abril, a mostra Ediciones de STADT 1988-2020 José Sevillano. A apertura da mostra celebrarase ás 20.30 horas na sala 1 do museo. Poderá verse até o vindeiro 4 de xuño, cando está prevista a clausura da exposición.

Ediciones de STAD 1988-2020 José Sevilano é una proposta organizada polo Museo do Gravado de Artes (Concello de Ribeira) en colaboración co Museo del Grabado y Obra Múltiple (Concello de Santa Marta de Tormes, da provincia de Salamanca, e o Instituto Leonés de Cultura da Deputación de León).

Trátase dunha exposición que remata a súa itirenalidade no Museo do Gravado de Artes (Concello de Ribeira) logo de ser exposta en Salamanca e León. A mostra é unha colección de obra gráfica de 86 artistas nacionais e internacionais. A mostra pretende poñer en valor o editor de obra gráfica de José Sevillano, unha figura esencial no panorama artístico español. Trátase dun proxecto único porque non se ten feito con anterioridade ningunha exposición que reunira todas as obras producidas por esta editora gráfica leonesa e que dá boa conta da actividade artística en España nos anos 80. A mostra, en palabras do Museo de Gravado de Artes, “é testemuño dunha das décadas cruciais e irrepetíbeis na arte contemporánea española”. Conta con 102 obras de artistas de moi diferentes vertentes e enfoques fundamentais españois entre os que destacan figuras como El Roto, Alfredo Alkaín, Luis Sáez, David Lechuga, Miguel Galano, José Fuentes, Carlos León ou Dora García, aínda que tambén se conta con artistas extranxeiros moi singulares e destacados como Kabir, Monir, Patrick Vanden Eynde, Denis Long, Ana Laura Alaez, Jean Baptiste Secheret, Anne Heyvaert, Fumiko Negishi, Carlos Gonçalves, Diana Aitchison, Jafar T Kaki ou Erik Kirksaether.

Asistirán á inauguración o artista e editor José Sevillano, o director do Departamento de Arte e Exposicións do Instituto Leonés de Cultura (Deputación de León, Luís García; o catedrático de debuxo e gravado da Universidade de Salamanca e comisario da exposición, José Fuentes e o vicepresidente da FMAG, Javier Expósito Paradela.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.