O Son baralla tres posibilidades para emprazar a súa residencia para maiores

12 Marzo 2025

O Concello de Porto do Son, a través do seu alcalde Luis Oujo, avanzou algúns detalles sobre o proxecto para construír unha residencia para persoas maiores no termo municipal que, de igual xeito que os demais concellos do Barbanza e de Galicia, presenta uns índices demográficos de poboación cada vez máis avellentada. Segundo confirmou o rexedor, a Consellería de Política Social está a estudar tres alternativas para o seu emprazamento.

A estrutura de vivendas de Outeiro, no centro de Porto do Son

Un deles, tal e como se vén informando dende hai meses, é o colexio-fogar da Tarela, que é propiedade do Arcebispado de Ourense e que cesou a súa actividade regular en 2007. Este inmóbel ten un importante potencial para albergar a residencia de maiores (por situación, por amplitude das instalacións, pola gran superficie que ocupan os seus espazos de lecer, contando cunha parcela de máis de 30.000 metros cadrados), pero o seu elevado prezo de máis de 3 millóns de euros preséntase como un importante obstáculo para as arcas públicas.

Outra das opcións sería a estrutura de vivendas sen rematar da contorna do Outeiro mercada polo Concello cunha axuda do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), que se ben foi tido en conta como posíbel sede do novo Centro de Saúde, desbotouse logo polos problemas de accesibilidade e de funcionalidade que podía presentar para os usuarios do Centro.

A terceira opción serían unhas parcelas situadas na zona de Xío, Noal.

Porto do Son conta cun Centro de Día que, segundo confirmou o alcalde, estaría ao cen por cen e que de feito “precisaría máis prazas” pola alta demanda que presenta. O rexedor tamén salientou a idoneidade de colaborar dende as administracións (o Concello, a Consellería de Política Social) e a empresa que, segundo confirmou, está interesada en impulsar e xestionar a residencia de maiores de Porto do Son.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.