O PSOE de Rianxo urxe ao Concello a mellorar a iluminación nos parques públicos

07 Marzo 2025
O parque infantil do Campo de Arriba

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Rianxo compartiu un comunicado crítico coa seguridade dos parques públicos do concello, onde, sinalan, precísanse melloras en iluminación. “Levamos máis dun ano insistindo neste asunto sen que, ata o momento, fosen adoptadas solucións efectivas para garantir a seguridade e o benestar da veciñanza que fai uso destes espazos”, sinala Óscar Rial, voceiro do PSdG rianxeiro, engadindo que “de xeito particular, solicitamos unha intervención inmediata no parque do Campo de Arriba en Rianxo e no parque de Campos de Pazos en Taragoña, que presentan unha evidente carencia de iluminación, xerando situacións de inseguridade para os seus usuarios, especialmente nas primeiras e últimas horas do día”.

Os socialistas sosteñen que “esta deficiencia non só afecta ás crianzas que frecuentan os parques, senón tamén ás súas familias e a toda a cidadanía que emprega estas zonas de lecer; ademais consideramos fundamental realizar unha revisión integral do estado dos parques no conxunto do termo municipal, tanto no relativo á iluminación como ao mantemento e conservación xeral das instalacións, garantindo que todos os espazos públicos cumpran coas condicións axeitadas de seguridade e accesibilidade”.

Para o PSOE, resulta “incomprensíbel que tras máis dun ano de reclamacións e advertencias por parte do noso grupo, o Goberno municipal continúe sen adoptar medidas concretas para solucionar este problema”.

O grupo reclama ao Executivo os seguintes puntos:

Que proceda á instalación de iluminación suficiente nos parques de O Campo de Arriba en Rianxo e de Campos de Pazos en Taragoña.

Que realice unha inspección técnica de todos os parques públicos do municipio para avaliar as necesidades de mellora na iluminación e no estado xeral das infraestruturas.

Que elabore un plan de actuación con prazos concretos para solucionar estas carencias e garantir o dereito da veciñanza a gozar de espazos públicos seguros e ben acondicionados.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.