O PSOE de Rianxo acusa ao Goberno local de bloquear a transparencia na xestión das subvencións

11 Marzo 2025
Óscar Rial nunha imaxe de arquivo

Os socialistas de Rianxo, a través do seu voceiro Óscar Rial, compartiron un comunicado no que acusan ao Executivo local de “bloquear a transparencia na xestión das subvencións municipais”, votando en contra da proposta do PSOE para modificar a Ordenanza Reguladora de Subvencións e as Bases de Execución Orzamentaria do Concello, unha decisión que “pon freo ao control democrático”, sinala o grupo do PSdG, que lembra que malia todo “a moción foi aprobada grazas ao apoio do BNG e a abstención do PP no pleno”. Explican que a proposta socialista estaba baseada en principios de “boa gobernanza, transparencia e eficiencia na xestión dos recursos públicos”, aliñándose coas normativas vixentes, como a Lei Xeral de Subvencións, a Lei de Bases de Réxime Local e o Real Decreto sobre o control interno no sector público local. O obxectivo era “garantir que os fondos municipais destinados a subvencións respondesen ao interese xeral e fosen xestionados con criterios de equidade e responsabilidade”.

Para o grupo socialista, a negativa do Goberno local a apoiar estas medidas “pon en evidencia a súa falta de compromiso cunha xestión transparente e participativa dos recursos municipais”.

O PSOE de Rianxo considera “inaceptábel que se manteña un sistema opaco no que as decisións sobre subvencións poidan ser tomadas sen o necesario control do pleno, o órgano que representa a totalidade da veciñanza”.

O Partido Socialista di que o Goberno local “teima en gobernar de costas ao principio de transparencia” e “impide que Rianxo conte cun marco normativo máis xusto e democrático para a xestión das subvencións”.

“Seguiremos traballando para que se respecten os principios de control e fiscalización democrática dos fondos públicos e para que se impulse unha política de subvencións que beneficie de maneira real e xusta á nosa veciñanza”, conclúen.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.