O PP, satisfeito co arquivo da querela de SumaRibeira. Os populares estudan querelarse por un delito de denuncia falsa

12 Marzo 2025
Manuel Ruiz nunha foto de arquivo no Senado

Manuel Ruiz estuda querelarse contra Suma Ribeira por un delito de denuncia falsa

O PP de Ribeira emitiu un comunicado en relación ao arquivo da querela de SumaRibeira contra o ex alcalde Manuel Ruiz, agora senador. Os populares expresaron a súa satisfacción polo auto da Audiencia Provincial que ratifica o arquivo da querela por prevaricación que, segundo indicaron, “confirma o emitido polo Xulgado de Primeira instancia e Instrución Nº1 de Ribeira que se manifestou no mesmo sentido”. Sosteñen que “a querela de Suma Ribeira baseábase no que consideraba a comisión dun delito por parte do ex alcalde na contratación dun técnico de urbanismo” e que “ambas as instancias xudiciais ditaminaron claramente a inexistencia de calquera actividade delituosa por parte de Manuel Ruiz”. Tamén sinalan que “o auto da Audiencia Provincial deixa claro que se actuou sempre en interese da Administración que dirixía, nun momento de colapso do servizo de urbanismo e que esta contratación durou o tempo necesario para cubrir a praza mediante a bolsa de contratación”.

Manuel Ruiz criticou o proceder de Suma Ribeira, no que, dixo, “demóstrase a clara instrumentalización da política para facer dano a propósito, utilizando a vía xudicial”, sinalou, engadindo que “a admisión da querela de Suma Ribeira data de maio de 2023 nun momento en que anunciaran a súa non presenza na eleccións locais dese mesmo ano pero no que quixeron prexudicar e entrar na campaña do ex alcalde que optaba á súa reelección”. O senador sinala tamén que “resulta curioso que despois de mais de 35 anos en política as primeiras querelas contra Manuel Ruiz se produzan a escasa datas das eleccións locais de 2023”.

E engadiu: “Quixeron entrar en campaña prexudicándome política e, o que aínda é peor, persoalmente, danando á miña familia e ás miñas fillas, pero o tempo dá e quita razóns e facerme dano foi a única razón do actuar de Suma Ribeira”.

Explicou tamén que “a mala fe continuou, non só recorrendo o arquivo polos Xulgados de Ribeira, senón tamén, na nota que este grupo enviou á prensa a raíz do arquivo da querela, xa que mentres eu optei polo silencio e non darlle máis publicidade, Suma Ribeira optou por reincidir nas súas acusacións a pesar da claridade do auto da Audiencia, chegando mesmo a afirmar que o cesamento do técnico de urbanismo coincidiu co final do mandato de Manuel Ruiz, cando a realidade é que se fixo no momento en que se cubriu a través da bolsa de emprego”.

É por iso que non descarta emprender accións xudiciais por denuncia falsa contra os seus autores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.