O Observatorio Astronómico da USC fará seguimento da eclipse solar do sábado nunha sesión aberta ao público

27 Marzo 2025

As persoas interesadas poden acudir ás instalacións, no Campus Sur, entre as 10:30 e as 12:45 horas

Foto tomada por proxección dende o Observatorio Astronómico da USC preto do máximo da eclipse parcial de Sol de xuño de 2021. Autores: José Ángel Docobo Durántez e Pedro Pablo Campo Díaz

O sábado 29 de marzo producirase unha eclipse parcial de Sol que será visible desde o nordeste de América, Océano Atlántico, Groenlandia, noroeste de África, case toda Europa e na parte occidental de Rusia. En Galicia, a Lúa comezará a interpoñerse entre o Sol e a Terra ás 10.43 horas, terá o seu máximo ás 11.39h e finalizará ás 12.39. Na costa occidental galega, no máximo da eclipse a Lúa vai ocultar un 42% do diámetro do Sol e un 32% da súa superficie.

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC fará unha sesión didáctica pública do seguimento desta eclipse entre as 10:30 e as 12:45. Utilizarán dous instrumentos que proxectaran a imaxe solar e facilitarán algunhas gafas especiais que as persoas asistentes compartirán. Dende o Observatorio advirten de que para a súa observación é imprescindible dispoñer da protección ocular necesaria, dispoñible en ópticas, e nunca gafas normais de sol ou radiografías. A seguridade total conséguese tamén proxectando a imaxe solar sobre unha cartolina.

Comeza unha xeira de eclipses solares
O fenómeno deste vai ser o que inaugure unha xeira de eclipses solares que continuarán nos vindeiros anos ata 2028. Especialmente rechamante será o do 12 de agosto de 2026 xa que vai ser total nunha franxa que atravesará a Península en diagonal dende Galicia e o Cantábrico ata o Mediterráneo.  En comarcas do norte e leste de Galicia verase como total cunha duración de máis dun minuto preto das 20:30 horas. Cidades como A Coruña, Ferrol ou Lugo gozarán da totalidade, pero tamén curiosamente Valdeorras, comarca na que puido verse a última eclipse total de Sol na Península en 1912. Ramón María Aller estaba daquela no Observatorio Ocharan de Castro Urdiales, dende onde sacou unha foto que o Observatorio Astronómico da USC aínda conserva. 

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.