O Museo do Gravado Artes achega dous novos obradoiros coa técnica do alcogravado e co equipo do profesor José Fuentes

04 Marzo 2025
O profesor e mestre de gravado José Fuentes nunha imaxe de Tamtampress

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) ten previsto realizar dous novos obradoiros de gravado coa técnica do alcogravado, que están dirixidos polo profesor José Fuentes Esteve (Universidade de Salamanca e o Instituto Universitario de Investigación en Arte e Tecnoloxía da Animación da USAL) e o seu equipo, colaboradores habituais co Museo do Gravado e as súas actividades de formación.

Os cursos están limitado a 12 prazas e concibíronse principalmente para artistas plásticos e/ou licenciados en Belas Artes e xente interesada no mundo da estampa. Como dixemos, as sesións serán impartidas por José Fuentes Esteve, que contará no seu equipo con Antonio Navarro e Isabel Carralero.

Os cursos realizaranse nas seguintes datas e horarios:

-27, 28 e 29 de xuño de 2025

-30 xuño, 1 e 2 de xullo de 2025

e no seguinte horario:

Primeiro obradoiro

Venres, 27 de xuño 2025: de 16.00 a 20.00 h

Sábado, 28 de xuño 2025: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h

Domingo, 29 de xuño de 2025: de 10.00 a 14.00 h

Segundo obradoiro

Luns, 30 de xuño 2025: de 16.00 a 20.00 h

Martes, 1 de xullo 2025: de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h

Mércores, 2 de xullo de 2025: de 10.00 a 14.00 h

O alcogravado

O artista-gravador José Fuentes Esteve descubriu no ano 1984 unha nova técnica de gravado que chamou alcogravado. Esta técnica deuna a coñecer na súa tese doutoral titulada Achega ás técnicas tradicionais do gravado en talla, defendida en 1986 e difundida nunha exposición na Calcografía Nacional de Madrid nese mesmo ano. Desde que se deu a coñecer esta técnica tivo, por unha banda, unha difusión progresiva na que numerosos artistas gravadores usárona e úsana como un dos procesos empregados nos seus gravados, como Miquel Barceló na serie Lanzarote. Por outra banda, esta técnica evolucionou desde as súas orixes da man de José Fuentes introducindo novos e descoñecidos aspectos que lle dan unha maior
riqueza e variedade de tratamentos gráficos.

O alcogravado é un proceso de gravado sobre metal con mordente que achega unha nova alternativa de creación de imaxe con mancha completamente distinta das técnicas de gravado con mancha tradicionais. A través desta técnica pódense crear imaxes con manchas moduladas con distintos tons e texturas que se configuran nunha estrutura de puntos nos que a variación de tamaño dos puntos e a densidade dos mesmos constrúen as máis diversas gamas tonais e de textura das manchas.

No alcogravado a imaxe créase aplicando a pincel unha mestura de betume de Xudea en po e alcol sobre o ferro. Dado que o útil de debuxo é o pincel atopámonos cun modo de representación con efectos gráficos similares á augada tradicional de tinta chinesa sobre papel. O alcogravado diferénciase da augada tradicional en dous aspectos: na augada tradicional non é posíbel obter efectos texturais nas manchas nin tampouco sensación de espacialidade nas mesmas, ademais de que na augada xeramos unha imaxe única, mentres que no alcogravado créase unha matriz de metal que permite obter numerosas estampas iguais.

O pincel é o elemento esencial co que se crea a imaxe, por iso, son determinante as características dos pinceis como a variación do seu tamaño, o material dos pelos do pincel ou a largura dos pelos ou a súa dureza.

Outros artigos

O Concello da Pobra presenta o VII Ciclo Victoriano García Martí

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 14 de abril o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa xa consolidada no calendario cultural do municipio que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da súa historia. A programación,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.