O IES Virxe do Mar fai unha proclama para atallar a crise climática co seu musical “Odisea a través do tempo”

25 Marzo 2025

O Coliseo Noela de Noia acolleu esta pasada fin de semana (o domingo 23) unha cita moi especial: a estrea do musical Odisea a través do tempo, un proxecto cultural, artístico e ambiental promovido polo IES Virxe do Mar e o Concello de Noia, coa colaboración do Conservatorio (que contribuíu nas vertentes de teatro, escenografía, coro, iluminación e música) e a Escola de Danza Oitos (coreografía).

A iniciativa, que conta co selo da UNESCO e encadrouse na celebración do Día Mundial da Auga, combinou arte e reflexión cunha posta en escena que fixo viaxar ao público a través da historia e da conciencia ambiental. Foi, tamén, unha chamada de atención dende a música e o baile sobre o grave risco que sufrimos debido á crise climática propiciada en boa medida polo uso de combustíbeis fósiles.

A obra, máis en detalle, abeirouse aos proxectos eCO2Rivers de Erasmus+ e a Cinco Climas entre os Ríos e os Barrancos do Cambio Climático da Secretaría de Estado de Educación, que coordina o IES Virxe do Mar.

Ademais, acompañouse de conferencias-coloquio con expertos como Anxo Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, e de María Xosé Silvar (Sés), filóloga, antropóloga social e cantautora galega.

O Concello felicitou ao alumnado do IES Virxe do Mar “polo gran traballo realizado, así como ao profesorado implicado nesta marabillosa iniciativa”. Tamén deu os parabéns ao Conservatorio Municipal e á Escola de Danza Oitos “polo seu talento e colaboración”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.