O Festival de Entroido de Lousame reuniu a máis de seiscentas persoas no Polideportivo da Silva

03 Marzo 2025

Máis de seiscentas persoas participaron no Festival de Entroido do Concello de Lousame, que tivo lugar na tarde deste domingo 3 de marzo no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra, entre as 17:00 e as 20:00 horas.

A rapazada asistente puido desfrutar con distintos xogos e inchábeis. así como da degustación gratuíta de filloas, elaboradas por un grupo de veciñas de Lousame, e chocolate con churros, da man de Churrería Rafa.

Ademais, o Concello de Lousame entregou lambonadas a todos os nenos e nenas que acudiron disfrazados da man dos concelleiros de Cultura, Silvia Agrafojo; Protección Civil, José Antonio Ces; e Deportes, Mariel Agrafojo.

Todos eles coincidiron en agradecer a colaboración do persoal municipal e do voluntariado local na celebración deste festival de Entroido.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.