O Entroido de Muros viviu un dos seus momentos álxidos co Concurso de Comparsas, que repartiu 3.525 euros en premios

03 Marzo 2025

O Entroido de Muros tivo un dos seus puntos culminantes este domingo 2 de marzo co Desfile e Concurso de Comparsas, que saiu desde a Virxe do Camiño ata o Curro da Praza de Muros e contou coa actuación do colectivo Bloco Meigallo. Este ano, o concurso repartiu 3.525 € en premios e introduciu dúas novas categorías: Carrozas e Murgas, ademais das tradicionais modalidades de individual, grupos e comparsas.

Nas categorías de carrozas e comparsas, o primeiro posto foi para As Brincadeiras (Os chupasangres de Brincalvania) e o segundo posto para A Pista (A que iríamos a América?).

A proposta ET. Xubílome en Muros foi o mellor disfrace individual e Quenchedera’ gañou nas categorías de grupos e murgas con Para o ano, se dios quere!

O Entroido continuará con varias festas infantís de disfraces en diferentes localizacións: o luns 3 de marzo no Pavillón Xosé Lago (Esteiro) e no Muíño de Mareas do Pozo do Cachón (Serres); o martes 4 de marzo no Centro Social de Louro (Muros); e o venres 7 de marzo no Centro San Xosé (Muros).

O mércores 5 de marzo, Muros despedirá o Entroido co tradicional Enterro do Facundo, que sairá da praza do Cristo e finalizará coa súa queima na praia do Castelo. A xornada estará animada pola música de La Maquinaria Band.

A concelleira de Cultura, Caridad González, animou a toda a veciñanza a participar nesta celebración: “O Entroido é unha das festividades máis relevantes da nosa comarca, unha oportunidade para gozar, compartir e manter viva a nosa tradición”.

Toda a información sobre o programa e as bases do concurso de comparsas pódese consultarse na web oficial do Concello de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.