“O dragón de ouro”, a peza máis nomeada dos XXIX Premios María Casares, recala este sábado en Muros

05 Marzo 2025

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros vai dar acollida este sábado 8 de marzo á representación do espectáculo O dragón de ouro, de Sarabela Teatro, a partir das 20.30 horas e a un prezo na billeteira de 3,50 euros, con posibilidade de facermos a reserva en liña.

Sinopse

Nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa, as vidas de diferentes personaxes entrelázanse: un mozo chinés sen permiso de residencia, un ancián nostálxico, unha neta embarazada, un home recentemente abandonado, un tendeiro misterioso e dúas azafatas que xantan no restaurante O dragón de ouro. Entre o real e o simbólico, a obra explora a desesperación, a identidade e a loita pola supervivencia.

Récord nos XXIX Premios María Casares

O Dragón de Ouro acaba de converterse na peza con maior número de nominacións nos XXIX Premios de Teatro María Casares, con 14 candidaturas, incluíndo Mellor Espectáculo.

A concelleira de Cultura de Muros, Caridad González, destaca: “É unha honra para o noso concello contar cunha das mellores pezas da actualidade. O dragón de ouro non só destaca pola súa proposta innovadora, senón tamén polo impacto que está a ter no panorama teatral galego”.

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.