O Consorcio Provincial Contra Incendios aproba o convenio colectivo e a nova RPT do servizo, con melloras laborais para os bombeiros

25 Marzo 2025

O Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña, integrado pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, aprobou por unanimidade na sesión plenaria ordinaria celebrada na mañá deste martes 25 de marzo, na sede da institución provincial, o primeiro convenio colectivo para o persoal operativo dos parques provinciais de bombeiros, así como a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT), que define as funcións específicas de todos os postos e o novo organigrama.

O acordo aprobado será aplicado desde o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia aos bombeiros que prestan os seus servizos nos dez parques provinciais da provincia: Carballo, Arteixo, Ordes, Arzúa, As Pontes, Betanzos, Boiro, Ribeira, Cee e Santa Comba.

Segundo informou a entidade provincial, “o convenio recolle melloras salariais en todas as categorías profesionais, quedando a estrutura retributiva do persoal acollido ao mesmo á estrutura do persoal funcionario e a regulación das horas extraordinarias”.

Establécese tamén un incremento dos efectivos dos parques comarcais.

Así o explicou o presidente do Consorcio e da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que apuntou que as melloras salariais “supoñen un incremento de máis de 8.100 euros anuais na categoría de bombeiro e un aumento do cadro de persoal de preto de 42 efectivos”, que se sumarán aos 174 existentes actualmente na provincia.

González engadiu que este “é un momento importante, que pon fin a un conflito longo e que se suma a feitos que aínda son máis importantes e que convén lembrar: estes bombeiros formaban parte de empresas privadas ata hai poucos anos. Conseguimos que pasaran a ser persoal público de forma interina e agora son fixos da administración pública”, explicou Formoso, que defendeu que “os traballadores de servizos fundamentais como as emerxencias formen parte dun sistema público e non privatizado”.

O presidente da Deputación da Coruña e do Consorcio Provincial Contra Incendios afirmou que “a mellora das condicións laborais dos bombeiros cun posto de traballo estábel, seguro, vocacional e ben retribuído redundarán tamén nun mellor servizo para a cidadanía, froito da colaboración entre a consellería de Presidencia, a Deputación da Coruña e as distintas forzas sindicais que representan aos traballadores e traballadoras”, apuntou.

Pola súa banda, o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, expresou tamén a súa satisfacción por este acordo, “que pon fin a un longo conflito cos bombeiros e que supón melloras económicas e sociais”.

Villanueva puxo tamén en valor a colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, que propicia que “A Coruña sexa con toda probabilidade a provincia con maior número de servizos profesionais de emerxencias”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.