O Concello de Rois abre até o 7 de abril a inscrición no campamento de conciliación DiverPascua

28 Marzo 2025

As familias de Rois con cativada en idade escolar poden facer xa a inscrición no DiverPascua, campamento con actividades que combinan a aprendizaxe e o lecer co que o Concello quere facilitar a conciliación durante as vacacións de Semana Santa.

O DiverPascua estréase este ano para completar a oferta de conciliación durante todos os períodos de vacacións, sumándose ao DiverVerán, o DiverNadal e o DiverEntroido.

As actividades desenvolveranse en Rois e en Urdilde os días 14, 15 e 16 de abril, en horario de 9.30 a 14.30 horas. A maiores, para aquelas familias que o precisen estará dispoñible o servizo de amencer dende as 7.30 horas.

O prezo do DiverPascua é de 18€ sen amencer, e de 19,5€ con este servizo. As familias poderán desfrutar dun 15% de bonificación na matrícula partir da/o segunda/o filla/o, se son familias numerosas ou monoparentais ou se algún dos seus membros ten unha discapacidade recoñecida de máis do 33%.

Aquelas familias que estean interesadas en participar neste campamento de conciliación de tres días de duración pódense anotar a través do formulario en liña dispoñíbel na páxina web municipal, na sección de xestións e trámites. O prazo de inscrición rematará o luns 7 de abril.

Pódese solicitar máis información no edificio multiusos de Rois (981 816 061) ou enviando un correo electrónico a inscricions@rois.gal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.