O Concello de Ribeira mellora a seguridade viaria coa renovación da sinalización na avenida de Ferrol

28 Marzo 2025

O Concello de Ribeira realizou os traballos de pintado da avenida de Ferrol co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e implementar medidas que
contribúan a calmar o tráfico e garantir o respecto aos límites de velocidadental e como demandaban os veciños e veciñas da zona.
A actuación inclúe a renovación da sinalización horizontal e a implantación denmedidas que favorezan a redución da velocidade dos vehículos, mellorandonasí a seguridade tanto dos condutores como dos peóns. Esta intervenciónnforma parte dun conxunto de iniciativas impulsadas polo goberno local paranmellorar a mobilidade e minimizar os riscos de accidentes na cidade.
O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, destacou a importancia destesntraballos: “Desde o Concello estamos traballando en diversos puntos do
municipio para mellorar a seguridade viaria en todas as rúas e vías principais.
O pintado da avenida de Ferrol permitirá ordenar mellor a circulación, facernmáis visibles as zonas de paso de peóns e reducir a velocidade dos
vehículos, o que contribuirá a un tráfico máis seguro e fluído”.

O Concello fai un chamamento á cidadanía para que respecte a novansinalización e colabore no cumprimento das normas de tráfico, co fin de facer
de Ribeira un municipio máis seguro e accesible. “O obxectivo quemperseguimos é salvar vidas e minimizar os riscos” asegurou o rexedor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.