O Concello de Muros fai unha proclama pola reflexión e a concienciación no Día Internacional da Muller

07 Marzo 2025

O Concello de Muros fai un chamamento “á reflexión e a concienciación” polo 8M, Día Internacional da Muller. “Temos que seguir avanzando e non podemos permitirnos dar pasos cara atrás como sociedade”, asegurou Maruxa Martínez, concelleira de Igualdade de Muros, coincidindo coa presentación da axenda municipal deste 8M.

“É moi importante que as nenas e os nenos tomen conciencia do que é a igualdade e por iso poñemos o foco nos centros de ensino”, engadiu Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino.

A programación comeza este sábado con Antes que a memoria esqueza, unha homenaxe ás mulleres do serradoiro no local social de Surribos, Abelleira, organizada pola Asociación de Veciños A Ostreira coa colaboración do concello.

Haberá tamén un obradoiro sobre sensibilización e prevención da violencia machista no IES Fontexería e no IES As Insuas, e contacontos teatralizados para o CEIP Ramón de Artaza, o CEIP Ricardo Tobío, o CEIP de Louro e a Escola de Educación Infantil de Muros.

A programación continuará cun Café Feminista para reflexionar sobre o impacto dos roles de xénero na saúde e un coloquio sobre menopausia saudábel.

Outros artigos

O Concello da Pobra presenta o VII Ciclo Victoriano García Martí

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 14 de abril o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa xa consolidada no calendario cultural do municipio que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da súa historia. A programación,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.