A Asociación Cultura Barbantia, o xornal La Voz de Galicia, a Editorial Ézaro / Buxa e o Concello de Noia organizan na recta final de mazo a presentación do Premio de Investigación Buxa 2023-2024: As minas dos ingleses: San Finx, de Joám Evans Pim e Manuel Lara Coira (coord.), que terá lugar o venres 28 de marzo, ás 20.30 h no Edificio Casino do Concello de Noia (Rúa Galicia, 8, Noia).
Intervirán no acto, amais do autor, María Xosé Blanco, presidenta de Barbantia, Manuel Lara Coira, presidente de Buxa (Asociación Galega do Patrimonio Industrial), Xerardo Agrafoxo, escritor noiés, profesor e voceiro de Barbantia, e José Pérez, concelleiro de Cultura de Noia. No acto presentarase tamén o suplemento cultural A Voz de Barbantia número 203, que se distribúe como de costume con La Voz de Galicia do vindeiro sábado 29 de marzo.





