O BNG logra a unanimidade da Corporación local para as mulleres cantareiras do concello

21 Marzo 2025

O BNG de Dodro elevou ao pleno ordinario da Corporación local deste 20 de marzo a petición do recoñecemento ás mulleres cantareiras de Dodro da que falamos os días pasados neste medio, salientando o interese da agrupación por reivindicar e visualizar a figura das mulleres nun dos eidos silenciados pola maior presenza masculina como é o patrimonio oral, a música e o baile

Por unanimidade dos grupos presentes na sesión plenaria aprobáronse os tres puntos da moción.

O portavoz nacionalista, Xoán Bautista Maripo, indicou na exposición, que “nunca antes se fixera tal recoñecemento e tocaba agora cando aínda resoan os ecos do 8M”. Ademais, lembrou que Real Academia Galega (RAG) dedica este ano o Día das Letras Galegas ás cantareiras, e seguindo este fío BNG expresou a importancia tamén de Dodro neste eido cultural ás que cantaron, conservaron e transmitiron parte da cultura herdada.

No pleno citáronse -co risco sempre de esquecer involuntariamente a algunha persoa- a unha serie de mulleres da aldea de Teaio maioritariamente que foron documentadas por folcloristas como Guillerme Inacio Costa ou Xavier Díaz entre outras persoas: Joaquin Romero Rey (cante e baile), Gumersinda Romero Rey (canto, baile e pandeireta), María Rial Iglesias “Maria do Lelo” (cante e pandeireta), Ramona Soto “Ramona de Soto” (baile e pandeireta), Manuel Garrido “Manuel de Soto” (baile e pandeireta). Carmen Romero Rey (canto, baile e pandeireta).

Outras persoas gravadas foron Evangelina Romero Gómez nacida en 1922 e pandeireteira, Cándida Garrido Rivas nacida en 1932 que tocou e cantou, ou Isaura Garrido Freire nacida en 1934, todas elas amplas coñecedoras do canto tradicional galego nos seus variados formatos (cuartetas, carangas, agarrados, dansas, pateados, muiñeiras). O portavoz do BNG engadiu que “tamén noutras aldeas sabemos de pezas por María Sóñora Baleirón da Devesa, Manuela Bondad Seoane de Castro; de Bexo a señora Concepción de Constante (canto, tradición oral e creación), Asunción Rial pandeireta e cuartetas; de San Xulián gravadas seguramente en Reboiras Pepa, Elvira e Lola son só un exemplo da riqueza patrimonial do noso concello, remataba así a exposición de motivos”.

O BNG compartiu os puntos aprobados:

1.- Instar a que o Concello de Dodro programe, co formato que desexe, unha celebración co gallo do Día das Letras Galegas na aldea de Teaio por ser onde máis testemuñas de cantareiras hai no concello.

2.- Instar ao Concello a estudar a proposta dunha distinción ás cantareiras de Dodro seguindo o regulamento especial para a concesión de honras e distincións do Concello.

3.- Que o Concello elabore e difunda un bando conmemorativo do Día das Letras Galegas adicado ás Cantareiras facendo fincapé nas mulleres de Dodro.

Anunciou o portavoz municipal do BNG que tras esta aprobación virán máis recoñecementos para Dodro.

Outros artigos

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.