O BNG esixirá ao Goberno denegar os fondos públicos do PERTE a Altri

17 Marzo 2025

O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, anunciou que vai propor unha pregunta relacionada con Altri na vindeira sesión de control ao Goberno ao ministro de Industria do Goberno do Estado na vindeira sesión de control. A pregunta centrarase na posibilidade de que o Executivo denegue os fondos públicos do PERTE de descarbonización ao proxecto de macrocelulosa de ALTRI en Palas de Rei, “debido ao seu impacto ambiental e socioeconómico negativo para Galiza”, anunciou Rego, que tamén chamou a participar, máis unha vez, “nas mobilizacións convocadas para esta fin de semana após coñecer o informe favorábel da Xunta de Galiza ao proxecto”.

O BNG leva meses denunciando os efectos prexudiciais deste proxecto, que, segundo fixo saber, “conta cunha forte oposición social na Galiza, tanto por parte da cidadanía como de colectivos ecoloxistas e do sector primario galego”.

“Desde o primeiro momento, a formación nacionalista deixou clara a súa frontal oposición á implantación desta industria, que supón un grave risco para os recursos naturais, especialmente a auga, ademais de poñer en perigo o modelo económico sustentábel e ligado ao territorio que defende o BNG”, sinalou o deputado.

Rego preguntará ao ministro de Industria se o Goberno está en disposición de rexeitar a concesión de fondos do PERTE de descarbonización a ALTRI, tendo en conta que este proxecto non só non contribúe á redución da pegada ecolóxica, senón que aumentará a contaminación e o consumo excesivo de recursos naturais, sinalou, engadindo que “o BNG considera que destinar diñeiro público a unha iniciativa que vai en contra dos principios de sustentabilidade é inaceptábel e supón unha traizón aos intereses da maioría social galega”.

“Atendendo ao grande impacto ambiental e socioeconómico negativo que terá o proxecto de macrocelulosa de ALTRI en Palas de Rei, está o Ministerio de Industria en disposición de denegar os fondos públicos do PERTE de descarbonización que pretende a empresa?”, será a pregunta que formulará o deputado do BNG no Congreso. “Instamos o Goberno do Estado a actuar con responsabilidade e a escoitar o clamor popular que rexeita este proxecto lesivo para Galiza. Seguiremos traballando para frear esta iniciativa e defender os dereitos da nosa xente e do noso territorio” sinala Rego.

Outros artigos

Padrón fártase do lixo do mercado dominical

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves 22 de maio a intención do Goberno local de someter á consideración do pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía pública por parte de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.