O BNG de Outes di que o novo Goberno de Fran Calo atrasa o pago de facturas por valor de 20.978,38 € nos seus primeiros días de mandato

06 Marzo 2025

O BNG de Outes, grupo que até a semana ostentaba o goberno local de Outes na compaña de Compromiso por Outes (goberno que foi botado abaixo trala moción de censura impulsada polo PP co apoio do edil tránsfuga do PSOE), emitiu un comunicado crítico co proceder do novo Executivo en materia de pago de facturas, xa que, segundo critican, estase a adiar o pago das mesmas por valor de case 21.000 euros neste primeiros días de mando.

O BNG, a través do seu voceiro Anxo Núñez, sinalou que os primeiros días do Partido Popular de Outes no goberno están a “amosar claras eivas e improvisacións no seu xeito de xestionar as cuestións municipais, e tamén amosan unha gran hipocrisía con respecto á súa acción como forza da oposición nos últimos anos, xa que unha das cuestións que máis criticaron ao longo destes anos foi o período medio de pago a provedores amosando, publicamente, unha suposta gran preocupación en diversas ocasións; pola contra, nos primeiros días de goberno decidiron presentar unha emenda á aprobación do REC de febreiro pola que atrasaban o pago de facturas por valor de 20.978,38 €”.

O voceiro do BNG de Outes declarou: “Parécenos unha maneira moi estraña de proceder retirar parte do REC no mesmo día no que se leva á súa aprobación. A escusa que esgrimen de levar poucos días no goberno é de mal estudante posto que tiveron a documentación durante 11 días para estudala e facer preguntas ao respecto. Son facturas que xa están conformadas polos servizos técnicos e que só precisaban do trámite de aprobación en pleno para proceder co seu pago”. Engade que “esta primeira medida de Fran Calo na alcaldía implicará o atraso no pago de semanas se non meses nun lote de facturas importante. Isto amosa unha gran hipocrisía co dito ao feito ou, canda menos, unha gran incompetencia. Con isto preguntámonos, realmente lle importaba tanto ao PP o tempo medio de pago a provedores como viñan dicindo?”

O voceiro do BNG engade que “no último ano o período medio de pago a provedores real era correcto e áxil só que o dato publicado estaba moi inflado debido a un lote de facturas da compañía eléctrica de anos anteriores que o goberno progresista decidiu paralizar debido á discrepancia cos importes logo dunha auditoría independente e estaba en proceso de negociación coa empresa para reducir o gasto ao axeitado.” Conclúe asegurando que “O PP adicouse a facer oposición co tema das facturas porque non tiña propostas nin proxecto para Outes e, moi ao noso pesar, semella que vai seguir sendo a mesma situación no goberno”.

O BNG compartiu o vídeo das declaracións no pleno.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.