O BNG de Dodro pide un recoñecemento ás mulleres cantareiras do concello

14 Marzo 2025

O BNG de Dodro eleva ao pleno a petición do recoñecemento das mulleres cantareiras de Dodro. Neste mes de marzo, co eco do 8M (Día Internacional da Muller), onde se recorda a toda a sociedade a importancia da muller, os nacionalistas de Dodro presentan unha moción en defensa das mulleres nun dos eidos silenciados pola maior presenza masculina como é o patrimonio oral, a música e o baile.

“Nunca antes se fixera no concello nada semellante ata que a Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño en 1993 fixo unha contribución ao Patrimonio Etnográfico Inmaterial sendo as mulleres as protagonistas de moitas das gravacións e fichas documentadas”, explicou o portavoz municipal do BNG, Xoán Bautista Mariño, que, por certo, formou parte da devandita investigación. O voceiro engade que “como este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ás Cantareiras tamén o noso concello debe participar deste recoñecemento ás súas mulleres que cantaron, conservaron e transmitiron parte da cultura que delas herdamos”. Tamén reivindican a importancia “das persoas estudosas que recorreron Galiza para que hoxe poidamos escoitar e bailar as pezas que recolleron folcloristas como Guillerme Inacio Costa, Xavier Díaz entre outras que se achegaron a Dodro para recoller as esencias das nosas aldeas espalladas, adaptadas ou evolucionadas polo mundo”.

O portavoz do BNG local reivindica tamén o labor de recolleita levado a cabo na aldea de Teaio (parroquia de san Xoán de Laíño) e neste punto o BNG insta ao equipo de Goberno do PSOE en minoría a que “o Concello programe co formato que desexe unha celebración co gallo do Día das Letras Galegas na aldea de Teaio por ser onde máis testemuñas de cantareiras hai no concello”. Tamén hai testemuñas nas aldeas de Bexo, Castro e Reboiras, lembra Xoán Bautista Mariña na moción, na que se laian de non poder citar a todas as persoas que foron gravadas, gravacións extraviadas ou “que non puideron estar cos estudosos das tradicións”, polo que piden ao Concello no segundo punto da proposta “unha distinción ás cantareiras de Dodro seguindo o regulamento especial para a concesión de honras e distincións do Concello”. Tamén reclaman que a Administración local elabore e difunda un bando conmemorativo do Día das Letras Galegas adicado ás Cantareiras “facendo fincapé nas mulleres de Dodro”.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.