O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume X participa nunha actividade formativa de poda e plantación de frondosas

26 Marzo 2025

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume X, da especialidade do Certificado de Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes, continúa avanzando no seu proceso formativo e, nos últimos días, realizou unha actividade de poda e plantación de frondosas, en colaboración da Comunidade de Montes de Baroña.

O alumnado podou diversas árbores autóctonas como castaños, carballos e nogueiras, entre outras, para logo realizar unha práctica de plantación de árbores frondosas onde se encargaron de todo o proceso completo. Así, realizaron as covas, plantaron as árbores e puxeron abono.

Tras a actividade, o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, indicou que “o alumnado continúa aproveitando este programa mixto de formación e emprego con formacións coma esta na que puideron aprender de primeira man a técnica de poda e plantación de frondosas. Ademais, tiveron a sorte de seguir, sempre con gran atención e ao pé da letra, todas as indicación e explicacións de Ovidio co fin de que o traballo saíra o mellor posible”.

O Obradoiro de Emprego Tahume X, impulsado de xeito conxunto polos Concellos de Porto do Son e Ribeira, seguirá colaborando en vindeiras datas coa Comunidade de Montes de Baroña para levar a cabo diferentes actividades e visitas no propio monte de parroquia sonense.

“Estamos moi satisfeitos de poder levar a cabo esta iniciativa que favorece a inserción laboral da veciñanza e impulsa o emprendemento local, ademais de ser unha gran oportunidade para a formación das persoas, promovendo a empregabilidade na comarca”, concluíu o rexedor.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.