O alumnado do obradoiro de emprego de Porto do Son e Ribeira (Tahume X) mergúllase nas novas tecnoloxías

06 Marzo 2025

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume X, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira para impulsar o inserción laboral na contorna destes municipios do Barbanza, atópase estes días mergullado na vertente máis tecnolóxica da súa formación: o Módulo de Alfabetización Informática da décima edición de Tahume. Este módulo diríxese a dotar ás alumnas e alumnos das competencias dixitais básicas (uso de computadores, ferramentas ofimáticas, correo electrónico, principais aplicacións) que lles permitan mellorar a súa empregabilidade e que lles sirvan de complemento imprescindíbel para a súa actividade profesional futura. Para o seu desenvolvemento, o obradoiro conta coa estreita colaboración da técnica da Aula CeMIT de Ribeira, Rebeca Crujeiras.

Dúas especialidades

O Obradoiro de Emprego Tahume vén na súa décima edición con dúas especialidades de Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e Traballos de Carpintería e Moble.

Este obradoiro laboral é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade e empregabilidade das persoas que actualmente están paradas, e que está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e promovido polos Concellos de Ribeira e Porto do Son, con dez alumnos de cada unha desas localidades. Ademais, como incentivo, a Xunta de Galicia realiza unha achega de 30.000 euros para fomentar a empresas que contraten a persoas formadas neste obradoiro.

Ademais da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibirá formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras. Por outro lado, o alumnado participante que non estea en posesión da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) recibirá formación específica para a súa preparación e obtención.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...