Nova tempada de caza en Galicia: comenzará o 19 de outubro ata o 6 de xaneiro de 2026

07 Marzo 2025

A tempada de caza 2025-2026 en Galicia iniciarase o vindeiro 19 de outubro e estenderase ata o 6 de xaneiro de 2026, segundo foi proposto no Comité Galego de Caza. Este encontro anual reuniu a representantes de cazadores e outros sectores vinculados á actividade cinexética, baixo a presidencia da directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz.

Novidades na regulamentación

A Xunta de Galicia está a implementar medidas para simplificar os trámites administrativos, como o envío automático de licenzas de caza para persoas maiores de 65 anos, concedéndoas ademais con carácter indefinido. Dende 2023, este colectivo xa conta con autorizacións gratuítamente, o que permite aforrar tempo e custos.

Períodos hábiles por especies

Durante o período hábil xeral, a caza poderá practicarse os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.

Caza menor:

  • Arcea: Do 19 de outubro ao 6 de xaneiro, con posible ampliación ata o 8 de febreiro en terreos de RCE.
  • Lebre: Do 19 de outubro ao 24 de novembro en terreos de RCE.
  • Paspallás e pombo torcaz: Coinciden co período hábil xeral, salvo na Antiga Lagoa de Antela, onde se establece unha media veda do 24 de agosto ao 15 de setembro.
  • Raposo: En batida, do 1 de setembro ao 18 de outubro e do 7 de xaneiro ao 8 de febreiro.
  • Aves en veda: Inclúse a charrela, rula turca e común, pato cullerete, varias especies de gaivota, pomba brava, pomba zura e gralla cereixeira.

Caza maior:

  • Corzo:
    • Machos adultos: Do 16 de agosto ao 18 de outubro, dependendo da modalidade de caza e do tipo de terreo.
    • Femias adultas: En caza puntual por danos ou en tecores xustificados, con dous períodos alternativos.
  • Xabaril:
    • No réxime común, do 16 ao 31 de agosto e do 7 de xaneiro ao 22 de febreiro en determinadas modalidades.
    • No réxime especial, do 16 de agosto ao 22 de febreiro en modalidades concretas.
  • Cervo, gamo e muflón: Do 14 de setembro ao 18 de outubro en axexo e do 19 de outubro ao 5 de xaneiro en batida/montaría.
  • Cabra montés:
    • Machos selectivos e femias adultas en descaste: Do 15 de setembro ao 31 de outubro.
    • Machos trofeo: Do 15 de decembro ao 15 de marzo, en ambos casos en modalidade de axexo.

A resolución final sobre a normativa da tempada será emitida pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, considerando as propostas debatidas no Comité Galego de Caza.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...