Muros activa unha nova ordenanza de praias para mellorar a saúde das persoas e a integridade do medio natural

28 Marzo 2025

O Concello de Muros aprobou no pleno municipal unha modificación da Ordenanza reguladora de uso das praias, uns cambios que teñen como obxectivo “mellorar a calidade de vida das persoas usuarias dos areais e promover a conservación do entorno natural”.

A alcaldesa e responsábel da área de medio ambiente, María Lago, reivindicou que “as nosas praias son un sinal de identidade de Muros, coidalas é unha tarefa conxunta”.

A modificación da ordenanza nace dun acordo plenario previo para a prohibición de fumar nas praias, que deixou vía libre para que o Concello de Muros entrase a formar parte da Rede de Praias Sen Fume de Galicia. “Queremos fomentar os hábitos de vida saudábeis e evitar a contaminación das cabichas”, explica Lago.

Coa nova ordenanza, o Concello fíxase outro obxectivo importante: impulsar a conservación da píllara das dunas e do entorno natural das praias con diferentes medidas de coidado e protección.

En relación con isto, coa modificación aprobada prohibe a presenza de animais domésticos durante todo o ano en praias que formen parte da Rede Natura ou nas que se constate a presenza da píllara das dunas. No resto, a prohibición de acceso seguirá sendo de 09:00 a 21:00 horas na tempada de baño.

Nas diferentes praias de Muros haberá carteis explicando as normas de cada areal. A ordenanza recolle outras medidas de convivencia e uso, todas elas coa intención de mellorar a calidade de vida das persoas e de contribuír a preservar a fauna e a flora protexida.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.