Montse Rivera imparte no Son o 5 de abril un obradoiro de muiñeiras, xotas e regueifas

23 Marzo 2025

A Casa da Cultura de San Pedro de Muro, en Porto do Son, acolle o vindeiro 5 de abril unha actividade formativa de baile e música tradicionais que porá o foco, tamén, na improvisación oral galega. Trátase dun Obradoiro de Muiñeira, Xota e Regueifa, que ser impartido por Montse Rivera, en horario de 16.30 a 21.00 horas. Será organizado por Sonora Asociación Cultural, coa colaboración do Concello de Porto do Son. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en participar deberán poñerse en contacto coa asociación a través das redes sociais ou da conta de correo asociacionsonora@gmail.com.

Montse Rivera é mestra de baile tradicional galego en diversas agrupacións, e tamén ten un longa experiencia docente en música e teatro, ademais de ser unha experta na tradición oral galega. Foi integrante (xunto a Felisa Segade, Mercedes Rodríguez, Patricia Segade, Ana Rodríguez e Rosario Rodríguez) dunha das máis sobranceiras agrupacións musicais galegas durante máis de tres décadas: Leilía. Tamén foi fundadora do grupo Pescelán, xunto con Mercedes Peón.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.