Mércores 19, baixo a influencia da borrasca Martinho, con ceos cubertos, chuvascos e ventos fortes

18 Marzo 2025

Galicia queda este mércores, San Xosé, baixo a influencia da borrasca Martinho, situada ao oeste de Lisboa, que traerá un réxime de ventos do sueste. Como consecuencia, agárdase unha xornada con ceos parcialmente cubertos e posibilidade de chuvascos, máis frecuentes na comarca e no sur da Comunidade.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos. Pola súa banda, os ventos do sueste soprarán con intensidade, con refachos moi fortes especialmente durante a noite.

O xoves Galicia manterase na influencia da borrasca Martinho situada ao oeste de Fisterra, moi preto do noso litoral. Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos con chuvascos máis frecuentes e intensos no sur e no oeste da Comunidade 

Meteogalicia,Alerta por fortes ventos en Galicia este mércores antes da chegada de ‘Martinho’ o xoves

O noso mar: Vento do sueste, forza 6 a 7 á mañá, 5 a 6 á tarde e 6 a 8 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do sudoeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 3.5 a 4.5 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

Eu non son experto en política internacional nin en estratexias militases. Son un cidadán do día a día, dos que prenden a televisión, len as noticias e tratan de entender o que está a pasar co mundo no que vivimos. E o que vexo ultimamente con Donald Trump á fronte de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.