Manuela Gago e Noelia Tarazona recibirán o Premio de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal 2025

14 Marzo 2025
A doutora Manuela Galego

O xurado do Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal, que leva o nome do empresario ribeirán de adopción fundador de FRINSA, deu a coñecer os nomes das persoas premiadas na edición deste ano, as doutoras Manuela Gago e Noelia Tarazona, que recibirán o XIII Premio Internacional e o VI Premio a Talentos Emerxentes, respectivamente.

Ramiro Carregal mostrouse moi satisfeito coa decisión do xurado de premiar a dúas mulleres que son “un exemplo de traballo, dedicación e resultados”. O empresario felicitou as premiadas e agradece “a todas as persoas que presentaron candidatura o «enorme esforzo, a dedicación e o traballo que desenvolven en prol de toda a sociedade”.

Tamén o doutor Rafael López, presidente executivo do xurado, quixo salientar o “esforzo e a defensa da investigación que leva realizando o empresario Ramiro Carregal toda a súa vida e os últimos 13 anos de forma explícita con este premio”, á vez que felicitou as dúas premiadas, “cuxos nomes únense a unha ampla listaxe no que figuran algúns dos mellores investigadores oncolóxicos do momento”.

Manuela Gago, XIII Premio Internacional

O XIII Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal, dotado con 30.000 euros, recaeu por unanimidade en Manuela Gago Domínguez, líder do Grupo de Xenética e Epidemioloxía do Cancro do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS). O xurado destacou desta médica especialista en Epidemioloxía Xenética e Molecular do Cancro “a súa ampla traxectoria internacional, que estableceu unha experiencia significativa na identificación de biomarcadores de cancro e a susceptibilidade xenética ao cancro”.

Graduada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, a doutora Gago realizou o seu doutoramento na Universidade de California nos Ánxeles (UCLA). Posteriormente incorporouse á Facultade de Medicina da Universidade do Sur de California e foi membro asociado do Norris Comprehensive Cancer Center de L.A. O seu traballo de investigación céntrase en abordar a susceptibilidade ao cancro a través de todo o continuum do cancro, desde a súa etioloxía até a súa supervivencia mediante a medicina de precisión. Liderou proxectos financiados por institucións tan respectadas como o Instituto Nacional do Cancro de EE. UU. e o ISCIII de España.

As súas contribucións científicas máis sinaladas céntranse nas estratexias de medicina de precisión e na investigación oncolóxica xenética, incluíndo o descubrimento de novos xenes/variantes xenéticas de susceptibilidade ao cancro de mama, vexiga, próstata, colorrectal, leucemia linfoblástica aguda, linfoma de Hodgkin e mieloma múltiple. Estes resultados brindan información crucial acerca da susceptibilidade xenética ao cancro e melloraron o uso de ferramentas de risco para a detección e prevención individualizada do cancro de mama e outros tumores. Tamén descubriu o vínculo xenético entre os químicos arilaminas, usados habitualmente en cosméticos, e o cancro de vexiga; a identificación dun novo mecanismo molecular para o cancro de ril e o esclarecemento de novas vías moleculares no cancro de mama. A doutora Gago tamén identificou biomarcadores de diagnóstico precoz do cancro de mama, publicando a primeira evidencia en humanos do aumento do risco con niveis elevados de neutrófilos e a relación neutrófilos a linfocitos (NLR), e tamén da asociación da encima lipasa plasmática cun maior risco de padecer esta enfermidade.

Cun factor de impacto índice-H (H-index) de 65 en Google Académico (o buscador académico de maior impacto na actualidade), máis de 160 peer-reviewed publicacións nas revistas científicas máis destacadas do mundo e preto de 20.000 citas do seu traballo, a doutora Gago atópase no top 2 % de todas as investigadoras españolas e estranxeiras en España segundo datos publicados polo CSIC el pasado mes. En canto á Xenética e Epidemioloxía Xenética do Cancro de Mama, está entre as 3 primeiras investigadoras de España (Ranking febreiro 2025 ORCID).

Manuela Gago asegura recibir este Premio Ramiro Carregal con “especial interese e agarimo” e agradece “un mecenado que serve para apoiar a investigación oncolóxica, pero tamén como exemplo do importante papel que deberían ter o mundo empresarial e a sociedade en algo tan esencial como é a sanidade, que nos afecta a todos”. Así mesmo, agradece ao doutor J. Esteban Castelao e á doutora Carmen M. Redondo, ambos os do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) o seu apoio ao traballo galardoado.

Noelia Tarazona, Premio a Talentos Emerxentes

O premio a persoal investigador menor de 45 anos (dotado con 10.000 euros) recaeu, nesta sexta edición, na doutora Noelia Tarazona “polo seu compromiso coa investigación de vangarda e a súa capacidade para integrar coñecemento multidisciplinario na práctica clínica”. O Xurado asegura que se trata “dunha investigadora excepcional no ámbito da oncoloxía traslacional, cun historial destacado de innovación científica, liderado clínico e excelencia académica”.

A doutora Tarazona traballa no Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico Universitario de Valencia e é investigadora do Instituto de Investigación Biomédica INCLIVA. O seu labor foi pioneiro na implementación de biopsia líquida para a deteción da enfermidade mínima residual en cancro colorrectal, con impacto directo na personalización de tratamentos.

A súa traxectoria combina excelencia na práctica clínica e na investigación, sendo pioneira na implementación da biopsia líquida para a deteción da enfermidade a mínima residual (EMR) en cancro colorrectal. Este enfoque abriu novas oportunidades na medicina personalizada, mellorando a deteción precoz de recaídas e optimizando os tratamentos adxuvantes en pacientes con cancro localizado.

O seu labor foi recoñecido por múltiples entidades, liderando proxectos financiados por organizacións de prestixio como o Instituto de Saúde Carlos III, SEOM, Mutua Madrileña, Gilead e AECC. Ademais, contribuíu activamente ao fortalecemento da rede de investigación en oncoloxía en España, a través da súa participación en CIBERONC e a creación de módulos de traballo en biopsia líquida.
Tanto Noelia Tarazona como Manuela Gago recollerán os seus premios nunha gala que terá lugar o próximo 1 de abril no Hotel Monumento San Francisco de Santiago ao que, como é habitual, asistirá boa parte da comunidade científica, médica e universitaria da comunidade galega.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.