Manuel Acuña y Malvar o gran descoñecido: O seu legado en San Paio de Carreira I

01 Marzo 2025

Xosé María Fernández Pazos. Historiador, Cronísta Oficial de Ribeira

Manuel Ignacio de Acuña y Malvar, do que se cumpren 180 anos do seu pasamento, foi unha figura clave na historia de Galicia de finais do século XVIII e principios do XIX. A súa traxectoria, marcada polo seu compromiso co liberalismo e a defensa dos dereitos dos máis desfavorecidos, deixou unha pegada significativa en diversas localidades, entre elas San Paio de Carreira debido o seu destacado labor pastoral e a defensa dos intereses dos seus veciños.

Arcebispo Sebastián de Malvar y Pinto

Oríxes e Formación

Nado en Matalobos, na parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo, o 16 de abril de 1757, Manuel Acuña y Malvar proviña dunha familia da nobreza galega. Estudou teoloxía nas universidades de Salamanca e Oviedo, onde adquiriu unha sólida formación académica. En 1785, grazas á influencia do seu tío, o arcebispo Sebastián de Malvar y Pinto, obtivo o beneficio de Bastabales, o que marcou o inicio da súa carreira eclesiástica.

Párroco de San Paio de Carreira (1789-1792) e o litixio por Sálvora

En 1789, Manuel Acuña y Malvar foi nomeado párroco de San Paio de Carreira. A pesar da súa breve estancia de catro anos, ata 1792, deixou unha pegada na freguesía onde destacou polo seu compromiso social e a súa defensa dos dereitos da clientela, especialmente dos mariñeiros locais promovendo amais iniciativas para mellorar as condicións de vida da comunidade. Así solicitou ao rei Carlos IV a redistribución de terras baldías en zonas como Couso e a illa de Sálvora, co obxectivo de entregalas aos veciños de Carreira para o seu cultivo.

Un dos episodios máis notables da súa xestión foi o litixio contra o que se di propietario do arquipélago, Vicente Caamaño, que pretendía establecer unha almadraba de atúns preto da illa de Sálvora. Acuña y Malvar defendeu con firmeza os intereses dos pescadores locais. O proxecto xerou un conflito que enfrontou o párroco cos intereses da nobreza local e incluso involucrou á igrexa compostelá sobre a propiedade da illa. A súa firme oposición a este proxecto e a súa defensa dos dereitos dos pescadores de San Paio, puxeron de manifesto o seu compromiso coa xustiza social e a súa determinación para defender os intereses da súa comunidade.

Facsímile do texto de Manuel Acuña no preito contra Caamaño

Tal como recolle o autor na súa obra “Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”, Acuña y Malvar logrou deter temporalmente o proxecto da almadraba, grazas á súa influencia e á súa capacidade de mobilización. O seu nomeamento como cóengo pararía as reclamacións dado que os veciños quedaron sen quen os defendera e Caamaño volveu á carga sobre xa a propiedade da illa e a explotación das súas augas. A sentencia da coroa con varias reservas ás partes, fan que o expediente morra en 1798 co derradeiro informe no que se recollen varias reservas.

A propiedade da illa aparece novamente citada como dote de matrimonio en 1820, concretamente o 13 de febreiro hai 205 anos, entre Isabel de Mariño que se di titular da illa e Ruperto de Otero, momento en que o arquipélago de Sálvora pasa á Casa de Otero aumentando o seu patrimonio. 

Manuel Acuña y Malvar: Ascenso na Xerarquía Eclesiástica e Compromiso Liberal II

Outros artigos

O BNG celebra en Ribeira un acto para conmemorar o Día da Patria Galega

No marco da campaña previa á celebración do Día da Patria, o 25 de xullo, a organización nacionalista celebrou un acto na localidade de Ribeira poñendo en valor o traballo que o BNG realiza na defensa dos intereses dos galegos e galegas e a transformación a mellor das...

+

Sábado 12, o aire frío manterá a inestabilidade en Galicia

Galicia continuará este sábado baixo os efectos do aire frío en altura, o que favorecerá a persistencia da inestabilidade atmosférica. Durante a mañá agárdase moita nube baixa, especialmente na metade oeste do país, mentres que no leste haberá máis claros. Co avance...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.