Licitado o servizo de lavandería para os centros hospitalarios da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

21 Marzo 2025

A Xunta, a través da Consellería de Sanidade, publica hoxe no Portal de Contratos Públicos a licitación, por importe de 7.207.970 euros, do servizo de lavandería para os centros hospitalarios da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

O prazo de execución do contrato será de 24 meses e poderá ser obxecto de prórroga por un período máximo de 12 meses. O valor estimado do contrato coas posibles prórrogas acada os 10,7 millóns de euros.

Este servizo prestarase para o Hospital Clínico Universitario, o Gil Casares, o Médico Cirúrxico de Conxo, o Hospital Psiquiátrico de Conxo e o Hospital da Barbanza, en Ribeira.

A roupa dun centro sanitario constitúe un dos principais focos de contaminación debido ao seu permanente contacto coas persoas enfermas, polo que se fai imprescindible o estrito cumprimento dunha serie de exixencias non só no procesamento e hixienización, senón tamén nas instalacións en que se realiza o tratamento da roupa, nos métodos e procesos utilizados ou no seu transporte e manipulación.

En consecuencia, o servizo que se contrata inclúe, entre outras prestacións, o lavado, desinfectado, secado, seleccionado, encartado, pasado de ferro e empaquetado da roupa procedente dos hospitais que compoñen esta área sanitaria, referida aos seguintes artigos: roupa de cama e aseo, roupa de pacientes, roupa de persoal (uniformes e EPI), cortinas, etc.

Inclúe tamén a selección e clasificación da roupa por artigos e talles ou tamaños e a entrega en carros diferenciados.

Así mesmo, tamén é obxecto do contrato a limpeza xeral, a desinfección e o mantemento de carros e vehículos destinados á distribución da roupa; o control de calidade previo á entrega das pezas de roupa aos hospitais, ademais da recollida da roupa sucia das zonas de depósito en todos os hospitais da Área Sanitaria.

Estimouse a cantidade de roupa que se vai procesar sobre a base de datos históricos do servizo  referido ao ano 2024: cifrouse en 2.590.000 kg de media anual e en 7.096 kg a media diaria.

As empresas interesadas terán ata o día 21 de abril para presentar as súas ofertas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.