Inaugura pola Xunta en Ribeira unha exposición itinerante en homenaxe a galegas ilustres

08 Marzo 2025

Coincidindo co Día Internacional da Muller, a Xunta de Galicia presentou esta mañá en Ribeira unha exposición itinerante que dedica cada un dos seis parques naturais galegos a unha muller destacada polos seus méritos e contribución en diversos ámbitos sociais, científicos e culturais.

A inauguración tivo lugar no Centro de Visitantes Casa da Costa, no Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, onde a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destacou o obxectivo da mostra: establecer unha conexión entre a riqueza natural destes espazos protexidos e a pegada histórica de mulleres galegas que foron referentes nos seus campos.

“Tanto os nosos parques naturais como as galegas ilustres son parte do patrimonio feminino de Galicia”, afirmou Vázquez, subliñando a importancia de protexer e divulgar as súa historias para que sirvan de inspiración na construción dun mundo baseado na igualdade e a sustentabilidade.

As protagonistas da mostra, cada unha asociada a un parque natural, son: Elisa Patiño (Monte Aloia), Ángela Ruíz (Fragas do Eume), Antonia Ferrín (Serra da Enciña da Lastra), Filomena Dato (O Invernadeiro), Exeria (Baixa Limia-Serra do Xurés) e Ángeles Alvariño (Corrubedo). Seis mulleres caracterizadas polo seu inconformismo e adianto ao seu tempo, seleccionadas polo seu papel clave no progreso social e económico de Galicia, con recoñecemento tanto a nivel nacional como internacional.

Acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, a conselleira destacou que a mostra Parques naturais en feminino busca vincular os logros destas mulleres con espazos naturais emblemáticos da comunidade.

“Debemos seguir protexendo a nosa historia, a nosa natureza e os nosos dereitos coa mesma paixón coa que estas seis mulleres defenderon os seus ideais”, concluíu Ángeles Vázquez, facendo fincapé en que a defensa do medio ambiente e a loita por unha sociedade máis xusta e sostible son responsabilidades compartidas por todos.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.