Gadis mostra os segredos da alimentación saudábel á rapazada do Barbanza, A Coruña e Ferrolterra

06 Marzo 2025

O programa Alimentes de Gadis segue adiante na provincia da Coruña, con máis de 6.600 estudantes do Barbanza, A Coruña e Ferrolterra, participando durante este curso escolar na iniciativa.

O obxectivo principal do plan é “fomentar hábitos de alimentación saudábel e sostíbel”, ensinando aos nenos e nenas a identificar os alimentos adecuados e a comprender a importancia da dieta equilibrada desde a nenez. A primeira fase do programa céntrase nas aulas, onde se traballan os contidos interactivos que ofrece a plataforma Alimentes Dixital. O foco ponse agora no calendario de visitas aos supermercados para que os estudantes, acompañados de monitores formados en nutrición e educación ambiental, percorran as diferentes seccións dos puntos de venda, con especial atención ás de produto fresco: peixaría, carnicería, froitas e verduras, lácteos etc. A clave, sinalou a cadea alimentaria galega, é mostrar cales son as mellores opcións que teñen ao seu alcance, facendo fincapé nos produtos locais e de tempada, e no apoio aos provedores de proximidade.

A plataforma dixital segue operativa para que docentes e alumnos poidan continuar traballando ata o fin do curso escolar nas súas 13 unidades didácticas. Textos, vídeos e fichas interactivas baseadas na cadea dos alimentos desde a orixe: lonxa, agro, gandería, almacéns, chegada á tenda, froitería, peixaría, lineal, caixas, fogares, reciclaxe e separación de residuos. Este ano, explica Gadis, o”s contidos ambientais son máis amplos e diversificados, con información referida ao cambio climático, o ciclo da auga ou a agricultura sostíbel”.

A unidade sobre o Prato Alimentes ten un enfoque claramente nutricional, debido a que se indican as proporcións e as categorías adecuadas dos alimentos que se deben consumir, segundo establece o Prato de Harvard. Quen finalice este itinerario interactivo, recibirán un premio de Gadis: un kit de Prato Alimentes. Ademais, sortearanse 5 packs de tablets entre todos os centros educativos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...