Este xoves comezan no IES Praia Barraña as actividades do 8M en Boiro

03 Marzo 2025

Este xoves 6 de marzo comezan no IES Praia Barraña os actos impulsados polo Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller (CIM) para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller. Na cita deste xoves, as mulleres dos Obradoiros de Memoria da Cruz Vermella de Boiro van participar nun programa do IES Praia Barraña nomeado As mulleres, motor da nosa vida mediante o que contarán as súas vivencias ao alumnado do centro. “Con esta actividade as mulleres relatarán ao alumnado as súas experiencias laborais fóra da casa, ámbito no que foron pioneiras, ademais de dedicarse aos coidados”, indicaron dende a Cruz Vermella.

Ao día seguinte, venres 7 de marzo, celebrarse unha nova actividade ás 11.00 horas, con formato de acto institucional, co acompañamento da Escola de Música de Boiro. Será no Consistorio.

Ademais, no marco do programa do 8M participará arreo o local GinLab, que ofrecerá unha hamburguesa especial durante o mes de marzo nomeada Naomi Parker en homenaxe á muller estadounidense que foi unha icona feminista e que deu lugar ao cartel famoso da muller co mono de traballo e pano no puño da campaña We can do it. “Será unha hamburguesa cun estilo americano destinada a dar visibilidade ao CIM de Boiro neste mes de marzo”, recoñeceu o responsábel do dito establecemento durante a presentación da axenda do 8M.

Ademais, o Concello de Boiro continúa co programa de actividades Muller e Saúde, que no mes de marzo contará con charlas e formacións que se desenvolverán no Centro Social de Abanqueiro. A primeira das actividades será o 14 de marzo de 16.00 a 20.00h: unha charla sobre Recursos básicos para a xestión emocional que consistirá en dotar de ferramentas de xestión emocional e organización para mellorar a calidade de vida; o 21 de marzo no mesmo horario celebrarase Estilos de vida saudábeis – mindfundelss que se basea en coñecer a importancia do estilo de vida (ocio) no benestar persoal e mantemento do contacto directo da persoa co entorno. O 28 de marzo desenvolverase Xardinería terapéutica para empregar a interacción coa natureza e o coidado das plantas para promover melloras nas esferas física, cognitiva, emocional e social dos individuos.

Os días 5, 12 e 26 de abril están programadas sesións de adestramento de solo pelviano e o 21 de xuño será a data dun novo curso de autodefensa.

Para participar nas actividades é preciso inscrición previa no CIM de Boiro mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono 669 582 674.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.