Este sábado celébrase no Campo de Arriba a 2ª eliminatoria do Concurso de Bandas Emerxentes de Rock in Rian

19 Marzo 2025

Este sábado 22 de marzo volve a Rianxo a mellor música actual coa 2ª eliminatoria do Concurso de Bandas Emerxentes de Rock in Rian, da man de Exeria, Melodiam, Javier Waterproof e Vlaklyth. A cita será ás 20.00 horas no Campo de Arriba. O certame é unha antesala do Festival Rock In Rian que se celebra no remate do verán, coincidindo coas Festas da Guadalupe de Rianxo. O Concurso de Bandas Emerxentes veu este ano cun novo formato de concertos e sorpresas para os finalistas. A superación das eliminatorias dará á banda gañadora un pase para o Festival Rock in Rian.

Como dixemos, este sábado 22 terá lugar no Campo de Arriba a 2º eliminatoria do concurso, que contara coas seguintes bandas/ artistas:

-Exeria (Rock Alternativo)

-Javi Waterproof (Cantautor)

-Melodiam (Rap-Urbano)

-Vlaklyth (Post- metal)

Cada un no seu propio estilo e dispostos a defender o seu directo, buscan pasar a seguinte eliminatoria que está prevista para o vindeiro 10 de maio. En caso de choiva buscarase unha localización alternativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.