En Boiro, o Concello incrementará a oferta formativa en ciclos de FP e na Escola Oficial de Idiomas

21 Marzo 2025

O Concello de Boiro celebrou este xoves día 20 de marzo o pleno ordinario da Corporación correspondente ao mes de marzo. A sesión, que pode verse íntegra na canle de YouTube, saldouse con varios acordos de relevancia, como a aprobación dunha proposta para aumentar a oferta formativa en ciclos de Formación Profesional e máis na Escola Oficial de Idiomas de Boiro.

1. Aprobación da acta da sesión anterior (este punto non foi votado, quedou pendente para o seguinte pleno).

2. Solicitude do 01/02/2019 de dona Rita Paz Paz para a inclusión no inventario municipal de bens como vía pública dun terreo existente no lugar de San Roque, parroquia de Cespón – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 abstencións (PP, BNG e Boiro Novo).

3. Solicitude do 28/12/2000 de don Francisco López Silva para dar de baixa no inventario municipal de bens a vía pública no lugar de Pedra da Bouza, parroquia de Abanqueiro – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 abstencións (PP, BNG e Boiro Novo).

4. Aprobación definitiva da Ordenanza Fiscal nº6 reguladora da taxa urbanística – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 8 votos en contra (PP, BNG e Boiro Novo).

5. Moción do grupo municipal Boiro Novo para aumentar a oferta formativa en ciclos de Formación Profesional e da Escola Oficial de Idiomas en Boiro – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

6. Moción presentada polo grupo municipal do Partido Popular relativa á convocatoria pola AGASP – rexeitado con 5 votos a favor (PP), 9 votos en contra (PSOE) e 3 abstencións (BNG e Boiro Novo).

7. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación co Plan Estatal de Condonación de débedas das CCAA – aprobación con 12 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 5 votos en contra (PP).

8. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ao canon da auga recadado por Augas de Galicia – aprobación con 12 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 5 votos en contra (PP).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.