Domingo 2, xornada de sol con frío e vento

01 Marzo 2025

Este domingo, inicio do entroido, Galicia permanecerá nunha situación intermedia entre as altas presións situadas ao norte e as borrascas que se desprazan polo sur da Península, quedando baixo a influencia dun corredor de ventos do nordés.

Espéranse ceos con alternancia de nubes e claros, con chuvascos máis probables durante a mañá no norte da provincia de Lugo. Pola noite, as precipitacións estenderanse polo sur e leste da provincia de Ourense. A cota de neve situarase arredor dos 1.000 metros.

As temperaturas experimentarán un novo descenso, con valores baixos para esta época do ano e unha sensación térmica de frío intenso 4/15. Os ventos sopraran con intensidade moderada do nordés, sendo fortes no litoral.

O Entroido virá acompañado de tempo seco e soleado con aumento progresivo das temperaturas e aumento da nubosidade a partir do martes,

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés, forza 4 a 6 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.