Daniel García, reelixido presidente da ABE

14 Marzo 2025

A asemblea xeral da Asociación Boirense de Empresas (ABE), celebrada este venres 14 de marzo no salón de actos da entidade ratificou a reelección de Daniel García como presidente para os vindeiros dous anos. Trátase do seu cuarto mandato consecutivo desde que asumiu o cargo en 2019.

Na súa intervención, Daniel García expresou o seu “enorme agradecemento ás empresas asociadas pola confianza depositada” e recoñeceu “o valioso apoio dos traballadores e do equipo directivo, que conta con representantes de todos os sectores”. Ademais, destacou a importancia do recente cambio de denominación da entidade, que pasa a chamarse Asociación Boirense de Empresas, “cun nome máis inclusivo”. As persoas asistentes á asemblea foron as primeiras en ver o novo rotulado interior e exterior das oficinas da asociación, que reflicte esta renovada identidade.

Daniel García liderará o novo mandato cun equipo directivo que mantén a súa composición:

Presidente: Daniel García Dosil

Vicepresidente: Francisco Javier Caamaño Bouzas

Secretario: Santiago Cajaraville Cardama

Tesoureiro: Jesús Manuel Santamaría Somoza

Vocais: Cristian Lago, Luis Miranda Sueiro, Óscar España Fernández e Fátima Treus Rey.

Entre os obxectivos prioritarios para este novo ciclo, Daniel García subliñou “a importancia de seguir impulsando o crecemento da entidade, tanto en número de empresas asociadas como na oferta de actividades e servizos, consolidando a ABE como un referente empresarial a nivel nacional”.

Ademais do nomeamento do presidente, a asemblea aprobou as contas do exercicio 2024 e acordou unha actualización das cotas de socio para garantir a capacidade adquisitiva da entidade ante o incremento dos prezos.

Alén do devandito, por vez primeira a asemblea xeral celebrouse en formato sesión vermú, “promovendo un espazo de intercambio máis próximo e distendido entre as empresas asistentes e a directiva”, salientaron dende a directiva. O evento concluíu cun aperitivo no que as persoas participantes puideron compartir impresións e fortalecer lazos de colaboración.

Como detalle especial, as e os asistentes recibiron un exemplar da memoria de actividade de 2024, editada este ano en formato revista, que estará dispoñíbel para consulta e descarga na páxina web da asociación, www.abe.gal.

Con esta asemblea, a ABE reafirma o seu compromiso co tecido empresarial da comarca, “apostando pola modernización, a inclusividade e o fortalecemento da comunidade empresarial local”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.