CONGALSA reforza a súa presenza no sector HORECA coa súa participación no Fórum Gastronómico de Xirona

17 Marzo 2025

CONGALSA, empresa da Pobra do Caramiñal referente na elaboración de solucións de alimentación, está presente estes días nun dos principais eventos do sector gastronómico en España: o Fórum Gastronómico de Xirona, que abriu as súas portas este luns 17 de marzo xuntando os máis destacados chefs, distribuidores e profesionais do sector para compartir tendencias e innovacións.

Este encontro, que marca o inicio da campaña, coincidindo coa reapertura de hoteis e o impulso da hostalería na zona mediterránea, serviu para que CONGALSA, xunto co seu distribuidor Congelats Salma, presente novos produtos.

Deste xeito, déronse a coñecer a novidades dentro da gama Ibercook, como as mini samosas ou o lirio (bacaladilla), produtos, en palabras de CONGALSA, “deseñados para achegar calidade e versatilidade á restauración”.

Con esta participación, a compañía reafirma o seu compromiso coa calidade e a innovación no ámbito do produto conxelado, posicionándose xunto aos principais actores do sector HORECA (siglas de Hoteis, Restauración e Cafeterías).

Para CONGALSA, ter presenza neste encontro supón un paso estratéxico para fortalecer a súa relación con clientes e distribuidores na zona este. “Participar en é evento permítenos achegarnos aos profesionais do sector nunha área moi turística, con moita demanda de produtos e presentar as nosas solucións innovadoras nun momento clave do ano para a hostalería”, destaca José Ramón Núñez, director comercial e de marketing de CONGALSA, cuxa presenza neste tipo de eventos contribúe a reforzar a súa posición como un actor clave na industria alimentaria, apostando pola constante mellora na elaboración de produtos conxelados adaptados ás necesidades do mercado. Deste xeito, continúa a súa estratexia de crecemento baseada na innovación, a sustentabilidade e o desenvolvemento de produtos que faciliten o labor dos profesionais da hostalería.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...