Comeza a conta atrás para a IV edición do Trail Cova da Bruxa, que se celebra este domingo con máis de 1.100 participantes

26 Marzo 2025

Xa comezou a conta atrás para a IV edición do Trail Cova da Bruxa, organizado polo Club Serres Runners coa colaboración do Concello de Muros, un evento deportivo que este ano bateu o seu récord de participación con máis de 1.100 persoas inscritas en todas as categorías. A proba será este domingo, 30 de marzo, a partir das 09:30 horas desde o Instituto As Ínsuas de Serres.

“Gañaron o premio ao mellor evento na I Gala do Deporte de Muros e este ano estou convencido de que mellorarán en todos os aspectos, desde a participación á organización, polo que quero agradecer o gran traballo do Club Serres Runners”, asegurou o concelleiro de Deportes, Damián Torea. Pola súa banda a alcaldesa María Lago sinalou que “en só catro anos, o Cova da Bruxa é un dos trails de referencia en Galicia, con 1.100 corremontes que desfrutarán do deporte e da natureza este domingo en Serres”.

Na presentación participaron Félix Rebollido (presidente de Serres Runners); Damián Torea; Paula Cernadas e Mónica Rodríguez, directivas do club; María Lago, e os directivos David Seijas e Álvaro Piñeiro.

Nesta edición, o trail puntúa para o Ranking Galego de Trailrunning da Federación Galega de Atletismo como proba G1; no Mini para as categorías Sub18 e Sub20, e no Trail Longo para as categorías Sub23, Absoluto e Máster.

O Concello agradeceu ademais o traballo na proba da Brigada de Obras Municipal, Protección Civil de Muros, GES, Garda Civil e Policía Local.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.