Chegan este venres ao Auditorio de Rianxo os traballos resultantes da III Aula de Gravado de Rianxo

18 Marzo 2025

A sala de exposicións do Auditorio Municipal de Rianxo acolle a partir deste venres 21 de marzo a mostra Escolma de traballos da III Aula Sociocultural de Gravado, que recolle os traballos das persoas participantes no obradoiro formativo impartido polo mestre gravador Pepe Míguez e co-organizado co Museo do Gravado de Artes (Ribeira) no marco do programa de Aulas Socioculturais e de Ocio Educativo do Concello de Rianxo.

Este curso, que se desenvolve en colaboración co Museo do Gravado á Estampa Dixital do Concello de Ribeira, pretende fomentar a arte gráfica introducindo as técnicas básicas do gravado (preparación de matrices, transferencia de imaxes, limpeza e entintado e impresión) en linogravado e augaforte.

A mostra poderá verse até o 19 de abril, co seguinte horario:

Luns: 10:00 – 14:00 // Martes a venres: 10:00 – 14:00 / 17:00 – 20:30 // Sábados: 17:00 – 20:30.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.