Boiro celebra este martes o seu tradicional Desfile e Concurso de Disfraces (con 4.600 euros en premios)

03 Marzo 2025

Este martes de Entroido (4 de marzo) celebrarase o tradicional Desfile e Concurso de Disfraces e Carrozas que percorrerá as rúas de Boiro xunto coa Batucada Cadabatú, As da Boina, A Dorniña de Abanqueiro e rematará na praza de Galicia con DJ Matrek.

Repartiranse 4.600 euros en premios. As bases de participación (e toda a información que se poida precisar) están dispoñíbeis xa na web municipal.

Convócanse tres modalidades individual/parella, para maiores de 13 anos; grupos, formados por tres ou máis participantes maiores de 13 anos unha temática común; e carrozas, aparello móbil conformado por unha plataforma ou varias debidamente adobiadas acorde á temática do grupo e formada por un mínimo de catro persoas.

O xurado valorará a estética, orixinalidade e creatividade dos disfraces; a posta en escena durante o desfile; as detalles da maquillaxe, vestiario, máscaras e demais complementos propios do Entroido; a elaboración propia; e o humor.

O desfile comezará o martes 4 de marzo ás 18.00 horas con saída da praza de Galicia, percorrerá a rúa peonil, Salvador Allende, rúa Principal e regreso á praza de Galicia onde haberá animación musical con DJ Matrek para a deliberación do xurado e dar a coñecer aos premiados.

A programación do Entroido en Boiro remata o domingo 9 de marzo co día dos enterros. A axenda desta xornada comeza en Cabo de Cruz co Entroido Crucense e o enterro do Farruco, continúa en Praia Xardín co enterro da Cunca, pola tarde será o enterro do Óso en Abanqueiro e rematará o día con enterro do Felipiño en Escarabote. Como de costume haberá un tren que percorra todos os enterros durante o día.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.