Boiro celebra a chegada da primavera cunha campaña de premios e actividades no comercio local

24 Marzo 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha a campaña Ola Primavera! co obxectivo de incentivar as compras nos establecementos locais a través de promocións, sorteos e actividades especiais. A iniciativa, que se desenvolverá do 24 de marzo ao 6 de abril, busca “ofrecer vantaxes adicionais aos clientes e potenciar o comercio de proximidade”, sinalou a patronal boirense.

Premios e incentivos para os clientes

A campaña contará cun atractivo sorteo especial, no que os clientes que rexistren os seus tíckets de compra en www.abe.gal participarán para gañar unha paga mensual de 100€ ata decembro, sumando un total de 900€ en bonos ABE. O sorteo celebrarase o 7 de abril.

Gran Festa de Compras – Sábado 5 de abril

Como broche final da campaña, o sábado 5 de abril organizarase unha xornada especial con diversas actividades para animar as compras:

-Ruleta da Sorte. Cada cliente que presente un tícket superior a 10€ das compras realizadas o venres 4 e o sábado 5, en calquera dos 208 negocios asociados, poderá xirar a ruleta e optar a premios directos como imáns abridores, ambientadores para coche, neceseres, cuncas ou cordóns para chaves.

-Flocos (palomitas) gratis. Todos os participantes na ruleta recibirán tamén unha bolsa de flocos de millo.

-Carpa ABE: A ABE instalará unha carpa (haima) no centro da vila onde os clientes poderán trocar os seus tíckets polas tiradas na ruleta e recoller a súa caixa de flocos.

Un comercio vestido de primavera

Durante a campaña, os establecementos adheridos estarán adobiados con carteis en forma de flor, “creando un ambiente primaveral e festivo que fará máis atractiva a experiencia de compra”, explicaron dende a patronal.

Presentación do novo catálogo de premios ABE

Ademais, dentro das actividades da campaña, a ABE presentará o mércores 2 de abril ás 13.45 horas, un novo catálogo de premios, cunha imaxe renovada e novas recompensas. Para celebralo, os clientes que rexistren os seus tíckets os días 4 e 5 de abril acumularán o dobre de puntos para trocar por premios.

Unha aposta pola dinamización do comercio local

A campaña Ola Primavera! busca reforzar o comercio de proximidade e premiar a fidelidade dos clientes. Desde a ABE, convidan a toda a cidadanía a participar e gozar desta iniciativa que “traerá premios, diversión e vantaxes exclusivas para os compradores de Boiro”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.