O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acolleu este sábado 29 de marzo a presentación do libro La permanente aventura en Galicia de la Romaría Internacional, de Bernardo Valiño (Sobrado dos Montes 1939). A concelleira de Cultura, Alicia Martínez, presidiu o acto xunto ao autor da publicación.
Este libro trata sobre a Romaría Internacional que naceu en Galicia e que estivo no calendario cultural desde 1980 ata 2001. Este evento levouse a cabo pola iniciativa de pequenos concellos que formaron un padroado para organizar mancomunadamente grandes espectáculos, uns de produción propia e outras de fama mundial como o Teatro Bolshoi ou a Ópera de Pekín.
O autor do libro, e director durante vinte anos (1980-2001) deste evento lúdico-festivo, escribe sobre os grandes fitos deste evento que fixo posíbel que pequenos concellos de Galicia puidesen desfrutar de espectáculos como o Teatro Bolshoi ou a Ópera de Pekín. A obra repasa as 21 edicións do festival, celebradas entre 1980 e 2001, detallando como un padroado de concellos logrou coordinarse para levar a zonas rurais eventos internacionais, así como producións locais.





