As contribucións das mulleres ao sector dixital centraron en Rianxo unha mesa redonda de tecnólogas co alumnado de secundaria

07 Marzo 2025

No marco dos actos do 8M, Día Internacional da Muller, o Concello de Rianxo e a empresa galega eSports Lua Gaming organizaron unha mesa redonda co alumnado do IES Félix Muriel coa finalidade de falar sobre a muller na nova industria dixital. A cita, celebrada no Auditorio de Rianxo no mediodía deste 6 de marzo, foi inaugurada polo alcalde Julián Bustelo, quen lembrou a importancia de reivindicar as importantes contribucións pasadas, presentes e futuras das mulleres aos ámbitos científico-tecnolóxicos, ámbitos tradicionalmente copados polos homes pero nos que cómpre derrubar barreiras para garantir a igualdade e o pleno desenvolvemento persoal e investigador das mozas.

No acto as relatoras falaron sobre como afecta ás súas vidas profesionais o feito de seren mulleres nun eido tan específico como o do entretemento dixital, as redes sociais, o gam​​​​​​​ing e a industria dos videoxogos. A cita contou coa presenza de Concepción González, directora de Desenvolvemento na empresa de creación de videoxogos Electronic Arts; Paula Quintela, creadora de contido e xogadora de, entre outros, Valorant; Raquel PerryMCQueen, creadora de contido e social media na Liga de Videoxogos Profesional; e Lucía Otero Serramito, alumna do IES Félix Muriel de Rianxo e integrante do grupo de Igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.